II ENCONTRO LEADER GALICIA
Co obxectivo de abordar as medidas Leader e destacar a importancia que o turismo representa para a dinamización do rural, celebrouse o II Encontro Leader Galicia o pasado día 11 de setembro na localidade da Estrada coa participación dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia.
Desde as 10 da mañá, repartíronse os grupos de traballo en mesas redondas e charlas finalizando coa degustación de produtos gastronómicos que, xunto coas actuacións musicais e unha mostra de xogos tradicionais galegos, completaron esta interesante xornada.
Pola tarde, a carpa acolleu a actividade: “O programa Leader e o Turismo; grandes fitos turísticos” coa presentación do Xeodestino Deza-Tabeirós, a Senda dos Faros, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, o Xeoparque Montañas do Courel e outrso xeodestinos xestionados polos GDRs como Ancares-Courel ou o Condado-Paradanta.
Ademais da participación de representantes dos 24 GDR de Galicia encabezada polo seu presidente, José Antonio Santiso, acompañado polo Alcalde de Paderne e Vicepresidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, César Longo, contou coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, o alcalde da Estrada, a Directora da Axencia de Turismo de Galicia e o Director do AGADER.
Un día de debate no que se puxeron tódalas ferramentas para establecer e fortalecer as redes entre os diversos axentes participantes e intercambiar ideas e medidas dinamizadoras que faciliten riqueza para a poboación.