LABORES DE DESBROCE

O Concello de Paderne iniciou as labores de limpeza e roza de toda a rede viaria municipal co fin de manter en bo estado os accesos ós distintos núcleos de poboación.

Co principal obxectivo de facilitar o tránsito diario dos veciños polas distintas pistas, este tipo de traballos veñen realizándose tódolos anos intentando controlar a invasión da maleza en determinadas épocas.

Un traballo continuo durante a tempada estival do que tódalas parroquias do termo municipal se ven beneficiadas.

© 2013 Concello de Paderne