ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE COOPERACIÓN “DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DAS IXP DE VIÑOS DE GALICIA”

O Proxecto de cooperación “Dinamización e promoción das IXP de Viños de Galicia” para o impulso das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), presentouse este día 4 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Contou coa participación de seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e 5 adegas das 4 Indicacións Xeográficas Protexidas de viños de Galicia. 
Este proxecto, conta con un presuposto de 100.000€ e está cofinanciado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida Leader.
O Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (GDR Mariñas-Betanzos) estivo representado polo seu Vicepresidente e Alcalde de Paderne, César Longo, e o Xerente, Jorge Blanco, que seguen a impulsar estratexias que consoliden o traballo que, ao amparo da IXP Viño da Terra de Betanzos, se está a realizar na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.