IX ANIVERSARIO DO CENTRO DE MAIORES

Será o mércores día 6 de marzo para tódolos socios do Centro de Maiores.

A xornada dará comezo ás 11:00 h coa recollida dos asistentes polas parroquias para dirixirse a Oleiros e comezar a xornada realizando unha visita ó Castelo de Santa Cruz.

Foi construído no século XVI co obxecto de completar o sistema defensivo da baía coruñesa; posteriormente pasou a ser residencia da familia da escritora Emilia Pardo Bazán que realizou a reconstrución das súas dependencias dándolle ó edificio central a forma de pazo tal e como a vemos hoxe en día. Trala morte da condesa pasou a ser residencia de verán dos orfos de militares ata o ano 1988.

Declarado Ben de Interese Cultural, actualmente alberga o CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.

A comida e o baile será nun restaurante dunha localidade cercana.

O custe é de 25 € e os socios que desexen asistir teñen ata o día 1 de marzo para inscribirse chamando ás oficinas municipais ou dirixíndose ós socios colaboradores en cada parroquia.