VII INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS LEADER NO TERRITORIO

Os pasado 5 e 6 de outubro, o Alcalde de Paderne, estivo en varios municipios de Tarragona participando no VII Intercambio de experiencias LEADER no territorio que puxo en marcha a Rede Rural Nacional co obxecto de poñer en contacto directamente ós Grupos de Acción Local (GAL) interesados en realizar conxuntamente un proxecto de cooperación facilitando a súa posta en marcha e organización preliminar.

Este intercambio de experiencias estivo dedicado ó Proxecto Cowocat Rural, que pretende desenvolver a metodoloxía de dinamización do coworking en zonas rurais, usando como referencia aquelas xa existentes nos espazos coworking de zonas urbanas.

Unhas xornadas dinámicas nas que se mostraba in situ os espazos de traballo e formación, como por exemplo en Ribarroja de Ebro, entre outros, onde se está a utilizar este tipo de dinámicas como ferramenta útil para impulsar o tecido económico e as iniciativas emprendedoras. O espazo Zona Líquida representa a cara visible do proxecto, contemplado non so como un espazo de traballo, senón como centro formativo e de actividades ademais dunha incubadora de iniciativas innovadoras en xeral.

© 2013 Concello de Paderne