Igrexa de San Pantaleón das Viñas

Está situada no lugar de Montecelo parroquia de San Pantaleón das Viñas. É de estilo románico do século XII..

O templo presenta dúas partes ben diferenciadas: unha primeira (portada e dous tercios dos muros da nave) correspondente á construcción orixinal de fin do século XII, e unha segunda: o ábside, tercio da nave que se comunica con este, e pequeno corpo apegado ó muro meridional correspondente á ampliación que se fixo en épocas moi posteriores.

Interiormente o edificio carece de arco triunfal diferenciándose os espacios da nave e o ábside por medio da altura deste último que se salva por medio de dous chanzos de pedra. A nave posúe unha estructura de madeira semiabovedada que se interrompe no presbiterio. A iluminación interior provén de tres ventás seteiras situadas en cada un dos muros laterais da nave, xunto con outras de maior tamaño que se abren no ábside e un rosetón situado na portada.

Detalle Interior

En canto á ornamentación, o altar maior presenta un sinxelo retablo de características neoclásicas presidido por San Antón mentres que dous pequenos e sinxelos retablos ocupan os últimos treitos dos muros laterais da nave.

Detalle Puerta

© 2013 Concello de Paderne