Igrexa de Santo Estevo de Quintas

Está situada no lugar de Quintas, parroquia de Santo Estevo de Quintas.

Está situada no lugar de Quintas, parroquia de Santo Estevo de Quintas. É un templo de planta rectangular con diversas irregularidades, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e sancristía. Os seus muros son de carga e a cuberta é a dúas augas con estructura de madeira e cubrición de tella plana. O pavimento é de pedra.

O templo sufriu ó longo da súa historia diversas modificacións que son claramente visibles nos seus muros.

O edificio presenta ó exterior unha volumetría irregular debido as alteracións producidas polos engadidos e variacións nas alturas. Nos muros laterais ábrense pequenos ocos abucinados que proporcionan ó interior unha tenue luz natural. Ten unha espadana dun corpo composto por tres machóns que dan lugar a dous ocos rematados en arcos semicirculares onde se sitúan as campás. Na súa cornixa aséntanse tres pináculos que xogan simetricamente cos pináculos situados nos dous vértices laterais do muro da fachada.

© 2013 Concello de Paderne