Igrexa de San Andrés de Obre

Situada en Obre, igrexa de estilo románico do século XII e XIII, reformada en 1854.

Os muros do templo son de carga, de cantería de granito e a cuberta de dúas augas feita en madeira con cuberta de tella curva. A fábrica do edificio pasou por diferentes etapas, que se aprecian nas variacións do grosor que presentan os seus muros, xunto coas sensibles desviacións deste. No seu conxunto, resulta difícil aprecia-lo primeiro edificio románico do século XII, debido a que a reconstrucción que se fixo da igrexa no ano 1854 ocultou as súas principais características primixenias.

A existencia de molduras en forma de contraforte no muro sur, fan supor que alomenos esta parte pertence á construcción orixinal; molduras que, por unha banda son semellantes as que aparecen na parte superior de San Xoán de Caaveiro.

O acceso á espadana efectúase desde o interior do templo; mediante unha escaleira de madeira, que conduce a outra de pedra xa descuberta. Como antepeito desta escaleira exterior utilizouse o tímpano de San Andrés procedente do edificio románico orixinal.

Detalle Parte Antigua

© 2013 Concello de Paderne