Igrexa de Santiago de Adragonte

Está situada no lugar de Areas, pertencente a parroquia de Santiago de Adragonte.

É unha igrexa de estilo barroco do século XIX. A súa estructura arquitectónica é de planta rectangular cunha soa nave e un pequeno corpo engadido que fai a función de sancristía. Os muros son de carga e sobre eles asenta unha cuberta a dúas augas na nave central, catro no presbiterio e tres no corpo correspondente á sancristía, todas elas con cubrición de tella nova. .

A decoración exterior do edificio concéntranse na fachada principal. No eixe vertical central desta superpóñense unha porta con decoración de orelleiras e unha ventá rectangular, pechando o conxunto unha espadana de tres corpos. As dimensións desta última son superiores ás que posúe o conxunto do edificio. O primeiro corpo da espadana está formado por tres machóns que dan lugar ós dous ocos onde se sitúan as campás, mentres que o segundo e mailo terceiro corpo carecen de funcionalidade e a súa presencia é fundamentalmente ornamental.

© 2013 Concello de Paderne