I ENCONTRO DE REDES E GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DE GALICIA, ASTURIAS, CANTABRIA E PAÍS VASCO

O Pazo de Congresos e Exposicións da cidade de Oviedo foi o lugar de celebración do “I Encontro de Redes e Grupos de Acción Local de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco que se realizou o día 27 de novembro co obxectivo de debater o futuro do medio rural e propoñer medidas impulsoras dun medio rural activo, moderno e xerador de emprego.

Este é o primeiro encontro destas características que celebran as comunidades autónomas do norte de España e, as súas conclusións, recolleranse nun documento que será remitido ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Inaugurado pola conselleira de Desenvolvemento Rural e Recursos Naturais do Principado, contou coa participación dos representantes da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, representantes das Redes de Desenvolvemento Rural así como de alcaldes e técnicos de diferentes municipios e provincias.

O Alcalde de Paderne, César Longo, Vicepresidente da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, tivo un papel destacado neste Encontro LEADER da cornisa cantábrica ó presentar unha ponencia na que se analizaba a situación do territorio dando pé, con ela, a realizar unha análise dos problemas que o afectan.