O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL (GDR) MARIÑAS-BETANZOS RECIBE Á CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

O pasado día 30 de xaneiro o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, recibeu á Conselleira de Medio Rural que se achegou a explicar os proxectos susceptibles de recibir axudas en base ós fondos Feder 2014-2020.

Ángeles Vázquez animou ós responsables do GDR Mariñas-Betanzos, un dos grupos de desenvolvemento rural máis dinámicos e que máis está a traballar polo territorio, a xestionar coa maior eficacia e eficiencia os fondos disponibles.

O Alcalde de Paderne, como Vicepresidente do GDR Mariñas-Betanzos, formou parte do grupo que acompañou en todo momento á Conselleira na súa visita.

Un dos momentos importantes foi o desprazamento a algunha das empresas que se beneficiaron dos fondos da anterior convocatoria; entre elas os viveiros A Angustia no que se reproducen variedades tradicionais da zona de Paderne

 

© 2013 Concello de Paderne