MELLORA DA XESTIÓN DE BIORRESIDUOS

En base á convocatoria de subvencións a entidades locais galegas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos bioresiduos, Fondos de Recuperación e Resilencia, o Concello de Paderne solicita financiación para o proxecto “Xestión de biorresiduos no Concello de Paderne” por un importe de 28.556,61 €.

O proxecto, a executar en dúas anualidades, 2022 e 2023, comprende dúas liñas de actuación. 
Por un lado, a Liña 1 na anualidade 2022, un proxecto de implantación, ampliación e mellora da recollida separada de biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico coa solicitude de contedores para a vía pública así como caldeiros domésticos de biorresiduos.

Por outra banda, na Liña 2, para a anualidade 2023, que comprende proxectos de separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a súa compostaxe doméstica ou comunitaria, solicítanse caldeiros domésticos de biorresiduos e composteiros domésticos.

Ambas Liñas inclúen campañas de información, difusión e sensibilización para a poboación.