EXHIBICIÓN DOS PROXECTOS GAÑADORES DO I CONCURSO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS VIDAS MARIÑEIRAS

O pasado 21 de decembro tivo lugar a exhibición dos filmes gañadores do I Concurso de Proxectos Audiovisuais “Vidas Mariñeiras”.

Este proxecto, promovido polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, entidade que xestiona o Fondo Marítimo e de Pesca no territorio e do cal o Alcalde de Paderne é Vicepresidente, ven a realizar accións co fin de poñer en valor o patrimonio cultural ligado ó mar e ós seos oficios; con este fin, este programa de formación audiovisual no que participaron centros de ensino desta zona costeira, representou unha máis das actividades que veñen a realizar.

A Presidenta, Mª José Crespo, o Vicepresidente, César Longo e representantes da directiva, presidiron este acto que se desenvolveu no Cine Duplex en Ferrol e no que estaban presentes moitos dos rapaces participantes nos traballos, xunto cos seus profesores e familiares.

© 2013 Concello de Paderne