REUNION INFORMATIVA GALP GOLFO ARTABRO NORTE
O Alcalde de Paderne presentou, o pasado 13 de outubro ás 20 horas, unha charla informativa do Galp Golfo Ártabro Norte.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne.
Nesta reunión, á que acudiron distintos autónomos, empresarios e representantes de asociacións de veciños, explicouse polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.
Agárdase que dela xurdan iniciativas que encaixen nesta liña de axudas na que os emprendedores ou empresarios do Concello poderían obter unha importante vía de financiación.