OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “FORMACIÓN PARA A EMPREGABILIDADE”
En colaboración cos concellos de Abegondo, Betanzos, Carral e Coirós, o Concello de Paderne vai a participar no Obradoiro Dual de Emprego “FORMACIÓN PARA A EMPREGABILIDADE”.
Con unha subvención de 346.946 €, un total de 20 alumnos/traballadores van a poder formarse, por un período de 9 meses, nas seguintes especialidades:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
As persoas participantes terán a posibilidade de desenvolver a súa formación con persoas maiores na Residencia García Hermanos, con persoas dependentes no Centro PAI-MENNI e con persoas nos seus domicilios, completando así un ciclo de contidos que lles axudará no desenvolvemento futuro da súa profesión.