FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL

Segundo a Orde de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia competitiva e da liña en concorrencia non competitiva, do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia, os concellos de Paderne e Miño acordan elaborar un proxecto conxunto.

Así, o proxecto “PLAN DE ACTUACIÓN CONTRA AS ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS VESPA VELUTINA E CORTADEIRA SELLOANA MIÑO-PADERNE 2017” foi asinado recentemente polos alcaldes de Paderne e Miño.

Dada a crecente preocupación polo incremento de especies exóticas invasoras que están a desprazar ás autóctonas propias destes hábitats, concretamente a VESPA VELUTINA e a CORTADEIRA SELLOANA, os concellos de Miño e Paderne, como Administracións Locais e, polo tanto, poderes públicos, asumen a súa responsabilidade como actores esenciais na xestión e posta en valor do seu territorio.

Deste xeito, entenden que deben procurar medidas para unha maior protección, defensa e conservación integral do medio rural e, fundamentalmente, da súa biodiversidade.

© 2013 Concello de Paderne