FOMENTO DA CONCILIACIÓN

Co obxectivo de poder axudar ás familias, nas que os pais e nais traballen, teñan fillos menores ó seu cargo e non posúan apoio familiar, o Concello de Paderne ven de solicitar unha axuda para o proxecto “Aulas de Conciliación”.

Esta axuda, solicitada a través da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ó programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Ven a permitir manter un importante servizo en Paderne adaptado ás novas demandas da sociedade e facilitando a vida nas aldeas e o asentamento de poboación.