SINATURA DE CONVENIO COA CONSELLERÍA DO MAR

 

O pasado 23 de febreiro o Alcalde de Paderne, César Longo, participou na Cidade da Cultura no acto de sinatura de Convenio coa Consellería do Mar para a Implementación de Estratexias do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte para o período 2016 – 2020.

Participaron na sinatura deste Convenio a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e os presidentes dos Galp´s, representando ó GALP Golfo Ártabro Norte a súa Presidenta Mª José Crespo Fraga Patroa Maior da Confradia Pescadores de Miño.

Tamén estiveron presentes no acto, ademais do Alcalde de Paderne como Vicepresidente do GALP Golfo Ártabro Norte, a Vicepatrona Maior da Confradía de Pontedeume, o Tesoureiro, o Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Barallobre e a Vocal da Xunta Directiva, Patroa Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol.

O Convenio asinado aporta uns fondos de gran importancia para o territorio servindo de base para moitos proxectos xeradores de emprego nos distintos concellos que forman parte do GALP.

© 2013 Concello de Paderne