FESTIVOS LOCAIS PARA O VINDEIRO 2018

O Concello de Paderne ven de aprobar en Pleno de 28 de setembro de 2017, a elección dos días 13 de febreiro, martes de entroido, e 8 de marzo, Día da Muller, como festivos locais.

Dúas importantes e significativas datas que forman parte, tanto da tradición da nosa Comunidade, como das reivindicacións e principios polos que, en Paderne, vimos loitando desde fai moitos anos.

Con esta elección, pretendemos dar unha maior relevancia ó que estas datas representan, ademais de representar, no caso do Día da Muller, un homenaxe a tódalas mulleres que día a día loitan por ocupar o lugar que lles corresponde na sociedade, por sacar adiante a súa familia e por defender o seu dereito a un traballo digno a pesares dos esforzos que aínda deben facer por conciliar a vida familiar e laboral.

© 2013 Concello de Paderne