FESTA DE NADAL

Os pequeniños das escolas de educación infantil de Paderne, xunto cos menores de tres anos, foron os protagonistas da Festa de Nadal que o Concello organizou o pasado 19 de decembro.

As dependencias do Centro de Maiores transformáronse para que, tanto os nenos como as súas familias, disfrutasen dunha xornada festiva e chea de ilusión.

Anunciada para as 11:00 h, a festa deu comezo coa actuación de Duende Sico. Diversos talleres e animación musical, fixeron de introdución para a esperada chegada de Papá Noel que viña a recoller as cartas dos neniños de Paderne.

Caras de asombro e sorpresa, así como algún que outro temor a Papá Noel, fixeron que os maiores disfrutasen tanto como os protagonistas deste día previo ás vacacións do Nadal.

O Alcalde estivo presente en varios momentos da xornada co fin de compartir cos pequeniños do Concello a ilusión e a maxia que para eles supoñen estas datas.