FESTA DE NADAL

Outra das citas clásicas destas datas en Paderne ven representada pola Festa de Nadal para os máis pequeniños do Concello.

Así, o pasado 21 de decembro, o Alcalde invitou a tódolos menores de 6 anos de Paderne a esta festa na que Papá Noel veu a recoller as cartas que todos eles tiñan preparadas coas súas peticións e que as mestras das escolas axudaron a redactar.

A maxia e a ilusión estaba patente nas súas miradas disfrutando cos personaxes e contos cos que Duende Sico escenificou a chegada de Papá Noel compartindo así un entrañable recordo.