FESTA DOS MAIORES

O vindeiro 29 de abril, o Concello de Paderne celebra a Festa dos Maiores no pavillón polideportivo municipal para tódolos maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 e as súas parellas empadroados en Paderne.

Os actos, programados para as 13:00 h, comezan cunhas palabras do Alcalde ás que seguen a Misa de Campaña cantada pola Coral da Asociación de Veciños Albeiro de Velouzás, xa un clásico nesta celebración.

Un dos momentos emotivos é o acto de felicitación ós maiores de cada parroquia; logo ten lugar unha comida servida no propio polideportivo por un restaurante do entorno. Xa na sobremesa, realízase o tradicional sorteo de regalos e ten lugar un pequeno espectáculo de animación pensado para pasar uns momentos de diversión entre todos.

Haberá un autobús que recollerá ós asistentes nas distintas parroquias sendo a data límite para apuntarse ata o día 24 de abril.

© 2013 Concello de Paderne