FESTA DOS MAIORES

O vindeiro 28 de abril o Concello de Paderne celebra a edición número dezasete da Festa dos Maiores; unha celebración á que poden acudir tódalas persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 e as súas parellas aínda que non cumpran este requisito e ambos empadroados no Concello.

Para acudir a esta celebración e conscientes do problema que para moitas persoas supón o desprazamento, contarase con un autobús que recollerá ós asistentes polas distintas parroquias.

O comezo da celebración será ás 13:00 h coas palabras de benvida do Alcalde ás que lle seguirá a celebración da Misa de campaña cantada pola coral da Asociación de Veciños Albeiro de Velouzás. Seguidamente terá lugar o acto de felicitación ós maiores de cada parroquia e, posteriormente, a comida e o tradicional sorteo de regalos.

Os que desexen asistir teñen ata o día 20 de abril para facer a súa reserva de praza; o prezo por persoa é de 15 €.