DÍA DA FAMILIA


Tras once anos da primeira convocatoria realizada polo Alcalde de Paderne, César Longo, para o Día da Familia, esta celebración que se ven a realizar o último sábado do mes de agosto, segue a xuntar á maioría das familias do Concello como remate da tempada de verán en Paderne.

O Alcalde saudando ás familias ó comezo da comida

As familias xúntanse para pasar o día en torno a unha gran mesa e un programa cargado de actividades para o disfrute de grandes e pequenos, actividades que axudan a que as familias permanezan xuntas ata ben entrada a noite.

Así e ó aire libre, os nenos puideron pasalo ben saltando nos inchables, montando no toro mecánico, xogando coa festa da espuma ou participando nas carreiras de sacos e outros xogos.

Tamén os maiores tiveron diversión e entretemento coa animación das gaitas, coa charanga a partires das cinco da tarde e xogos e mesa; chegada a noitiña deu comezo a música de baile e, no pequeno descanso realizado, a entrega de medallas e a sesión de fogos artificiais, xunto coa degustación de queimada servida ó remate da cea, fixeron deste día outra xornada inolvidable en Paderne.

© 2013 Concello de Paderne