DÍA DA FAMILIA Paderne 30 de agosto 2014

Conclúe o "Día da Familia" no Concello de Paderne acudindo, como cada ano, gran cantidade de familias do Concello a disfrutar dunha festividade creada por César Longo no ano 2005 e que se ven a celebrar a remates do mes de agosto.



Un día cargado de actividades para tódolos membros da familia; así, grandes e pequenos puideron pasar unha agradable xornada que, nesta ocasión, veu acompañada por un espléndido día de sol moi aproveitado polos máis pequenos na festa da espuma.

No comezo, as gaitas foron animando o ambiente mentres ían chegando tódalas persoas ata o Telleiro con seus invitados ó tempo que se servía a degustación de caza e viño como aperitivo a tódolos os que quixeron probar este manxar preparado polo Concello coa colaboración do Coto de Caza.

A continuación, as palabras do Alcalde, deron paso á comida e, xa na sobremesa, comezaron os xogos para todos. Dentro da carpa os xogos de mesa e, fóra, os xogos tradicionais xunto cos inchables, o toro mecánico e a festa da espuma.

A música nun evento deste tipo non podía faltar dando ambiente á festa durante todo o día; moi importante e aplaudida por todos foi a actuación da charanga DGT e, xa de noite, o grupo Karamba encargouse de facer que gran parte dos asistentes se animasen a dar uns pasos de baile. A entrega de medallas ós nenos e nenas por parte do Alcalde e a Concelleira, xa pola noite, foi seguida da sesión de fogos artificiais e a degustación de queimada rematando así un agradable día de celebración.

© 2013 Concello de Paderne