EXPOSICIÓN DO CAMIÑO INGLÉS

Do 10 ó 24 de xaneiro de 2018, vamos a contar cunha exposición que vai a estar aberta ó público nas dependencias do Centro de Maiores.

Está formada por 34 obras; unha colección de augastintas sobre o patrimonio construído máis significativo do Camiño Inglés, tanto dende a vertente de Ferrol como dende A Coruña.

As obras, enmarcadas en madeira de bidueiro, van a contar todas elas coa identificación do recurso turístico representado.

Esta exposición da Deputación da Coruña, ven acompañada con folletos explicativos que cada visitante poderá levar para a súa casa e así identificar un pouco máis a riqueza do patrimonio con que conta o noso territorio.

© 2013 Concello de Paderne