EXCURSIÓN DO CONCELLO DE PADERNE A VILANOVA DE CERVEIRA E Á FORTALEZA

 

A petición dos veciños e veciñas, o Alcalde de Paderne organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira e á Fortaleza, en Valença do Minho, para o vindeiro día 18 de xuño.

Ás 7:30 da mañá sairá un autobús da Casa do Concello para realizar a recollida polas parroquias coa chegada prevista a Vilanova de Cerveira ás 11.30 h despois dunha parada de descanso polo camiño.

A feira, que se realiza tódolos sábados nesta localidade portuguesa, é o obxectivo da xornada de maña para despois ir a comer a un restaurante de Valença do Minho e visitar a Fortaleza pola tarde.

Todos os que desexen asistir poden realizar a súa reserva de praza chamando á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello ata o mércores 15 de xuño con un custe, que se abonará no propio autobús, de 45 €.