EXCURSIÓN A SAN SEBASTIÁN E A FRANCIA
Será os días 27, 28, 29, 30 e 31 de marzo de 2017 con hotel de tres estrelas en Zarautz, preto do restaurante de Karlos Arguiñano.
No programa está incluída a visita ós seguintes puntos de interese:
- Coñecer San Sebastián, con un guía oficial. Cidade para descubrir as rúas do casco antigo, degustar os famosos pintxos, pasear pola bahía da Concha, disfrutar do paseo que vai bordeando o Monte Urgull, a Catedral ou admirar as esculturas de Eduardo Chillida.
- Visita a unha bodega na que se poderá degustar os seus viños e disfrutar dunhas instalacións que son xa unha institución e referencia turística.
- Visita ó encantador pobo pesqueiro de Guetaria cuna do Txakoli.
- Visita á famosa localidade turística de Biarritz en Francia , lugar de veraneo da burguesía. Formada, na súa maioría, por casas señoriais e grandes mansións.
- Visita á localidade de San Juan de Luz en Francia, base dos corsarios vascos no século XVII.
- Ó regreso comida en Castro Urdiales Guía acompañante durante toda a viaxe.
O custe da viaxe é de 355 €; a persoa que queira durmir en habitación individual ten un incremento de 20 €/noite.
Os interesados teñen ata o 25 de xaneiro para facer a reserva de praza. Os pagos realizaranse o mesmo mes da excursión e sempre despois de confirmar a praza.