EXCURSIÓN A SALOU

O Concello de Paderne ten programada unha excursión para finais de setembro; será os días 24, 25, 26, 27, 28 e 29 ás provincias de Tarragona e Barcelona.

Con base en Salou, visitaremos Tarragona, Barcelona, Reus, Sitges, El Vendrell e Cambrils. Impresionantes lugares nos que, ademais de seguir coñecendo distintas localidades da nosa xeografía, poderemos saber máis sobre a historia, patrimonio, gastronomía e natureza de todos eles.

Queremos que a xente os disfrute e tamén coñeza a través das expertas indicación de guías; para elo contamos cun guía acompañante desde o punto de partida da Casa do Concello ata o regreso; ademais, temos reservado un guía autóctono durante a tarde de visita a Tarragona e outro durante mañá e tarde en Barcelona.

Visitaremos a comarca do Penedés e, polo tanto, achegarémonos a unha importante adega na que, ademais de probar os seus caldos, pasearemos entre unhas viñas con moita historia xa que entre elas, se atopan os vestixios do que no seu día foi a Vía Augusta romana que conectaba Roma coas principais cidades mediterráneas.

Hospedados nun impresionante hotel de catro estrelas e con servizo de autobús para tódolos desprazamentos, as persoas que asistan poderán disfrutar de toda unha semana na costa mediterránea sen preocuparse máis que de pasalo ben entre amigos e veciños.

Se queremos ofrecer ós nosos veciños unha estadía agradable nun hotel de primeira categoría debemos reservalo con antelación, polo tanto, as persoas que queiran ir deben reservar a súa praza durante o mes de maio realizando un pago de 100 € e, o mes anterior á saída, aboarán o importe restante ata completar o total de 362 €. Aquelas persoas que desexen pasar estes días nunha habitación individual teñen que pagar un suplemento de 20 €/noite.

Os que estean interesados poden chamar á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello.