EXCURSIÓN A SALAMANCA

O Concello de Paderne ten programada unha nova excursión para os días 2, 3, 4, 5 e 6 de outubro próximos a coñecer Salamanca e o seu entorno.

Son cinco días descubrindo esta cidade histórica da meseta norte pertencente á Comunidade de Castela – León. Alberga a Universidade en activo máis antiga de España, creada en 1218 por Alfonso IX de León.

 

Ligada á historia universal por nomes propios como Antonio de Nebrija, Fernando de Rojas, Frai Luís de León ou Miguel de Unamuno. En 1988 a cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade dado que conta cun importantísimo patrimonio histórico-artístico que a fai única.

Durante estes días, ademáis das saídas ó entorno, na propia cidade non se poden deixar de visitar os lugares emblemáticos como a Praza Maior, a Catedral, a Casa das Conchas, a Clerecía ou o Horto de Calixto e Melibea citando so algúns, dado que toda ela está chea de auténticas xoias históricas.

Durante estes días tamén visitaremos Alba de Tormes, moi preto da cidade; iremos a Miranda do Douro cun paseo en catamarán polo río disfrutando das impresionantes vistas e parando no val para ver unha exhibición de aves rapaces e degustar viños de Oporto; outro dos días visitaremos Toro e o seu museo do Viño onde tamén degustaremos estes caldos; coñeceremos a cidade cunha guía oficial e contaremos con guía acompañante durante todos estes días. Ademais, contamos con outras visitas que completarán uns días cargados de atractivos para tódolos asistentes.

O hotel está moi ben situado, en pleno centro da cidade, ó lado da Praza Maior, o que nos permitirá visitar tódolos monumentos de xeito cómodo e sen ter que desprazarnos.

O custe é de 355 € e o que desexe unha habitación individual debe aboar un suplemento de 24 €/noite. A data límite para anotarse é o 22 de setembro. A saída será o luns día 2 ás 8:00 h. da Casa do Concello.

© 2013 Concello de Paderne