EXCURSIÓN A SALAMANCA

Será os días 1, 2, 3, 4 e 5 de abril de 2019 con un custe de 348 € por persoa

Pasaremos uns días estupendos coñecendo esta fermosa cidade e algúns puntos do seu entorno hospedándonos no Hotel Corona Sol****(ou similar).

O programa previsto é o seguinte:

  • Saída da Casa do Concello o día 1 ás 7:30 h, con guía acompañante, en dirección Salamanca para comer no hotel e á tarde visitar Alba de Tormes
  • O día 2 visita á cidade de Salamanca con guía oficial (mañá e tarde)
  • O día 3 saída para Miranda do Douro, paseo en barco, parada no Valle del Águila, exhibición de aves rapaces e degustación de viños de Oporto. Comeremos a famosa Posta Mirandesa nun restaurante típico da zona e, pola tarde, seguiremos disfrutando deste magnífico entorno
  • O día 4 iremos á Alberca e, de volta en Salamanca comeremos nun exquisito restaurante da cidade.
  • O día 5 e xa de regreso, visitaremos Toro onde veremos o Museo do Viño. A comida está prevista nun mesón desta localidade

As persoas interesadas deben realizar a súa reserva de praza antes de finais de xaneiro aboando 100 € en concepto de reserva de praza.

O importe restante realizarase do 25 de febreiro ó 4 de marzo.

Os que desexen habitación individual teñen un incremento de 24 €/noite.

Os que desexen maior información poden chamar por teléfono ó Concello