EXCURSIÓN A PORTUGAL

O sábado día 8 de febreiro o Concello de Paderne ten prevista unha excursión a Portugal.

Coa saída da Casa do Concello ás 7:30 h, comezarase o recorrido polas distintas parroquias para recoller ás persoas inscritas; logo dunha pequena parada en ruta, achegarémonos ata a localidade de Vilanova de Cerveira onde temos a posibilidade de mercar na gran feira que cada sábado celebran, pasear polas rúas empedradas e tomar algo nos numerosos bares e cafeterías cercanos.

Despois de comer nun restaurante moi preto da Fortaleza, subiremos a dar outra volta por este típico lugar e facer as últimas compras nos seus numerosos comercios cos apreciados produtos do país veciño.

As persoas interesadas teñen ata o día 3 de febreiro para realizar a súa inscrición con un custe de 35 €/persoa.