EXCURSIÓN A PONTEVEDRA E COMBARRO

O programa “Paderne en Familia” ten prevista a primeira excursión deste 2018 á cidade de Pontevedra e á localidade de Combarro.

Durante a xornada de mañá coñeceremos Pontevedra a través das explicacións dunha guía que nos levará por algúns puntos destacados como a Alameda, a Basílica de Santa María, a Capela da Peregrina, a Praza da Ferrería, a Praza das Cinco Rúas ou a Praza da Liberdade.

Pola tarde, visitaremos o pobo mariñeiro de Combarro, no corazón das Rías Baixas declarado ben de interese cultural como Conxunto Histórico no que destacan a gran cantidade de hórreos ben conservados e cruceiros.

Será o día 25 de febreiro coa saída da Casa do Concello ás 8:00 h para recoller ós asistentes polas distintas parroquias.

A data límite para apuntarse é o 18 de febreiro; o custe é de 30 € persoa.