Excursión a Bilbao

Será os días 19, 20, 21, 22 e 23 de setembro con hotel, de tres estrelas, na propia cidade. O custe total da viaxe é de 315 €.

Programa previsto:

1º día.- Saída ás 6:00 h da Casa do Concello en dirección Bilbao coas oportunas paradas polo camiño. Chegada ó hotel, no centro da zona comercial da cidade e moi preto do museo de Bellas Artes, do museo Guggenheim e do San Mamés. Comida no hotel.

2º día.- Panorámica de Bilbao con guía oficial subindo ó Monte Artxanda. Comida no hotel e, pola tarde, visita a Portugalete e Getxo, moi preto da capital.

3º día.- Visita ó Mercado de la Ribera, en Bilbao. Comida e visita a Guernika e Museo de la Paz coa entrada incluída.

4º día.- Seguimos coñecendo Bilbao. Comida no hotel e, pola tarde, visita ó Santuario de Loyola.

5º día.- Regreso a Paderne visitando a espectacular localidade de Frías, en Burgos, coas súas casas de toba e madeira construídas sobre a gran roca “La Muela” e que parecen formar parte do precipicio.

Ademais de contar con guía acompañante desde a saída de Paderne ata o regreso, contaremos cunha guía oficial que nos vai a mostrar unha panorámica da cidade de Bilbao.

As persoas interesadas teñen ata o 15 de xullo para facer a súa reserva de praza; unha vez confirmada, deben aboar 100 € durante o mes de xullo e os 215 € restantes deben ingresalos durante o mes de agosto. Os que desexen habitación individual deben aboar un suplemento de 24 €/noite.

As prazas son limitadas