EXCURSIÓN A ANDALUCÍA


Os días 7, 8, 9, 10 e 11 de setembro o Alcalde de Paderne, César Longo, levou a un numeroso grupo de persoas do municipio a visitar varias cidades emblemáticas da Comunidade de Andalucía. Así, Granada, Córdoba, Málaga, Torremolinos, Marbella e Benalmádena, foron os lugares visitados estes cinco días.

O Alcalde con parte do grupo coa vista da Alhambra de Granada ó fondo

En Córdoba, unha guía oficial foi explicando os puntos máis relevantes da ciudade e a súa historia; zonas cargadas cun gran legado como o barrio da Xudería ou a Mezquita nas que se poden admirar as pegadas que os séculos e as distintas culturas foron deixando na súa fisonomía.

En Granada, tamén a través das explicacións dunha guía oficial, visitouse o barrio do Albaicín, o Mirador de San Cristóbal coas preciosas vistas da Alhambra, o Museo da Universidade e a capela na que descansan os restos dos Reis Católicos, ademais dos seus barrios típicos que tamén mostran claramente o legado árabe.

En Málaga, dous guías oficiais foron explicando as ben conservadas ruinas do Teatro Romano, a Alcazaba, o entorno do Museo Picasso e a Malagueta ademais de realizar una impresionante panorámica polo paseo marítimo.

Tamén se visitaron Marbella e Benalmádena, importantísimos enclaves da Costa do Sol que desenvolveron a súa economía fundamentalmente en base á oferta turística a partires da segunda metade do Século XX.

Cinco intensos días nos que, con sede en Torremolinos e hospedados nun hotel no que se dispoñía de acceso libre a súa discoteca, o grupo tivo a oportunidade de disfrutar dunhas agradables vacacións entre amigos.

© 2013 Concello de Paderne