EXCURSIÓN A PONTEVEDRA E COMBARRO

O 25 de febreiro o Concello de Paderne realizou unha excursión a terras pontevedresas. O Alcalde, xunto con algo máis de medio centenar de veciños, tiveron a oportunidade de ver o centro de Pontevedra e a vila costeira de Combarro.

Durante a visita da mañá polo centro da cidade, o grupo estivo acompañado dunha guía, que de maneira detallada foi narrando unha parte da historia de Pontevedra a través das súas prazas e igrexas. Lugares tan importantes como a Alameda, a Basílica de Santa María, a Capela da Peregrina, a Praza da Ferrería, ou a Praza da Leña,...

Despois do paseo cheo de anécdotas, houbo tempo libre para que os alí presentes desfrutaran dunha mañá primaveral. Despois de comer nunha localidade próxima, o grupo acercouse ata a vila de mariñeira de Combarro, declarada como Ben de Interese Cultural, como Conxunto Histórico – Artístico e como Sitio Histórico. No recorrido polas súas estreitas rúas, os visitantes puideron ver as casas de pedra e os numerosos hórreos típicos da zona, ademais de mercar algún recordo desta entrañable vila.