PROGRAMA “EU SON PADERNE”

O vindeiro día 10 de agosto ponse en marcha o Programa “Eu son Paderne” para rapaces e rapazas de entre 15 e 18 anos do Concello.

Entre os seus obxectivos está o de valorar o entorno no que vivimos a través do seu coñecemento e inculcar actitudes de respecto e protección incidindo na redución da pegada ambiental.

Esta primeira xornada estará centrada na Aula da Ría, os Muíños de Chantada, o Observatorio de Aves de Souto, pasaremos por un tramo do Camiño Inglés e veremos tamén o antigo Punto de Inseminación e Ferradura do gando.

Desde as 10:00 ata as 18:00 h recorreremos todos os anteriores puntos de interese incidindo nos valores que defenden e no que representan para a nosa comunidade e o medio natural.

Este Programa vai a centrarse nos coñecementos e alternativas prácticas para participar de xeito eficaz na prevención e solución dos posibles problemas medioambientais defendendo os valores do territorio a través dun voluntariado ambiental formado polos xoves de Paderne comprometidos coa súa terra.

Conscientes do papel de cada persoa no seu entorno, queremos despertar, a través dunha conciencia solidaria e participativa, o compromiso entre os rapaces e rapazas para facer de Paderne un lugar do que sentirse orgullosos.