PROXECTO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN ESPAZO DE INCUBACIÓN EMPRENDEDORA

O Concello de Paderne está a desenvolver o proxecto “Estudo de sustentabilidade para espazo de incubación emprendedora” con un presuposto de 41.250 €.

Solicitado á Consellería do Mar en base á Orde do 24 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

O obxecto do proxecto é o desenvolvemento dun Espazo de Incubación para o emprendemento e o fomento da actividade empresarial vinculada ó sector agrícola e ó sector do mar habilitando un edificio de titularidade municipal en Souto con capacidade suficiente para o desenvolvemento deste proxecto.

O seu fin é facilitar o xurdimento de emprendementos ou negocios de base tradicional brindando asistencia para que as persoas interesadas medren e xeren emprego nun espazo físico axeitado, habilitando para elo a citada casa de titularidade municipal de Souto. Neste espazo, a compartir con outros emprendedores, ademais de servir de base para o traballo propio, sirve para compartir experiencias e información cos outros emprendedores.

O Concello está a poñer tódolos medios ó seu alcance para dinamizar o territorio e fixar poboación estimulando o emprego aproveitando os recursos que posúe, neste caso, as ricas terras de cultivo e o gran potencial que nos ofrecen os recursos do mar, tanto marisqueiros como de ocio.

© 2013 Concello de Paderne