ENTROIDO EN PADERNE
O día 14 de febreiro celebramos a festividade do Entroido cunha festa no Telleiro a partires das 20:30 h. Para este día contamos coa colaboración dos alumnos de música da UNED que, coa súa música e os seus disfraces, contribuirán a animar a noite.
Teremos unha gran carpa na que, como en cada edición, todos os que o desexen poden participar no concurso de disfraces no que haberá premios para os tres primeiros clasificados, tanto na modalidade de grupo como en individual así como tres premios para os disfraces infantís.
Para acompañar a festa teremos dispostas empanadas, bola de doce, viño e queimada, todo de Paderne. Queremos que os que nos acompañen disfruten do momento degustando os nosos produtos.
Non poden faltar os fogos artificiais que se botarán despois da queima do entroido pero, sobre todo e o máis importante, non vai a faltar a alegría, as risas e o bo humor de tódolos participantes; non te perdas este día e ven a pasalo ben a Paderne.