ENTROIDO EN PADERNE

O pasado 13 de febreiro , mércores de cinza, o Concello de Paderne celebrou a festividade do Entroido.

Desde as oito e media da tarde o campo do Telleiro, habilitado cunha carpa para a ocasión, transformouse nunha festa de disfraces con música en directo.

Os veciños que alí se achegaron presenciaron a procesión e queima da sardiña, sesión de fogos artificiais, e degustaron empanada e viño da terra. A música en directo correu a cargo do grupo de alumnos da Uned Senior; que de forma conxunta ou individualizada, cantaron e tocaron un amplo repertorio de cancións amenizando a velada.

Por último dou comezo o concurso de disfraces, con distintas categorías para que tanto nenos como maiores puideran participar. Destacar a imaxinación e o traballo de todos os disfrazados.

A noite rematou coa entrega de premios por parte do Alcalde e o Concelleiro de Deportes e Xuventude participando todo o Equipo de Goberno no desenvolvemento da festividade.