ENTREGA DE DIPLOMAS AOS EMBAIXADORES DE BOA VONTADE DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
Este diploma, trátase dunha distinción para persoas de recoñecido prestixio que comparten un compromiso común de defender e difundir os valores da declaración da Unesco.
Seis foron as persoas ás que Mariñas Coruñesas outorgou esta cualificación: Antonio San Blas, ex-xestor da Reserva de Biosfera de La Palma; Francisco Cantos, secretario do programa MaB España; Pablo Ramil, secretario do Consello Científico do programa MaB España; José Cassandra, ex-presidente do Goberno da Reserva de Biosfera Illa do Príncipe; Sergio Guevara, presidente de Iberomab; e Carlos Vales, director do Ceida.
O Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, entregou, este pasado 18 de maio, os diplomas aos dous persoeiros distinguidos como Embaixadores de Boa Vontade, e que na anterior cita non puideron estar presentes, que son o mexicano Sergio Guevara, presidente de Iberomab e José Cassandra, ex-presidente do Goberno da Reserva de Biosfera Illa do Príncipe.
O Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, co ex-presidente do Goberno da Reserva de Biosfera de Illa do Príncipe
O Vicepresidente da Reserva e Alcalde de Paderne, César Longo, co presidente de Iberomab, Sergio Guevara