CAMPAÑA: “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

O Concello de Paderne súmase á campaña: “En Negro contra as Violencias”; esta acción colectiva de sensibilización social, ven involucrando cada ano a máis concellos, institucións e sectores preocupados polo tema.

Presente durante todo o ano, foi este 25 de novembro (25N), Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cando se fixo máis patente.

Para a adhesión á campaña, que supón un compromiso político e técnico de mobilización da poboación, o Concelleiro de Benestar, Sergio Platas, e o Tenente Alcalde, Rafael Castro, desprazáronse ata Lugo co fin de asinar a adhesión asumindo os compromisos que esta acción conleva.

Ademais, e como xa se ven facendo desde anos atrás o Alcalde, César Longo, presenta o acto institucional do 25 de novembro, no que se da testemuña do compromiso do Concello de Paderne en defensa de todo tipo de violencia.