Mariñas Coruñesas sirve de exemplo para as Reservas de Biosfera de Honduras

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibiu estes días a visita de representantes de catro Reservas de Biosfera de Honduras. O obxectivo é que coñezan o funcionamento da entidade coruñesa, desde o seu sistema de xestión ata o traballo da marca de calidade e os seus establecementos adheridos.
Foi Parques Nacionais, entidade do Goberno de España, a que impulsou este intercambio, elixindo Mariñas Coruñesas como exemplo a nivel estatal. De feito, os representantes de Parques Nacionais distinguiron publicamente o traballo da Reserva coruñesa como un dos mellores de España.
La delegación, despois de ser recibida na sede da Reserva en Abegondo polo Presidente, desprazouse ata Paderne, onde foron recibidos polo Vicepresidente e Alcalde, César Longo. 
En Paderne visitaron exemplos de empresas incorporadas ao selo de calidade e que están aproveitando a potencialidade do territorio.
Así, probaron os tés ecolóxicos de Orballo, coñeceron a produción de Seitura, as elaboracións de Queixos Cagiao e os ricos matices do branco lexítimo de Adegas Beade. E por suposto, non faltou a cata de un menú da biosfera, neste caso na Artesa da Moza Crecha, en Betanzos.