DONACIÓN DE VISEIRAS DE SEGURIDADE PARA A LOITA CONTRA O COVID-19

O Concello de Paderne ven de recibir a donación de pantallas/viseiras de seguridade por parte do veterinario Enrique Muñoz Cantero.

Este material sanitario, realizado mediante impresión 3D, será empregado para dotar ó persoal do Servizo de Axuda no Fogar, de maior protección para a realización do seu traballo de atención ás persoas maiores de Paderne.

O Alcalde, César Longo, quere agradecer públicamente esta iniciativa solidaria en beneficio do benestar común e en momentos tan delicados como os que nos está tocando vivir.