CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O Concello de Paderne ven a colaborar periodicamente coa Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos facilitando o traballo dos equipos que se desprazan en cada campaña para a doazón de sangue.

O pasado 19 de xullo acercáronse a doar un importante número de persoas á unidade móbil que se situou ao carón da Casa do Concello e diante da cafetería da Asociación de Veciños de Viñas; estas doazóns contribuirán a manter a actividade sanitaria dos hospitais da nosa Comunidade e resultarán imprescindibles en procesos de transplante, certas intervencións cirúrxicas e tratamentos oncolóxicos.

Este compromiso solidario coa saúde de todos, honra ás persoas que o realizan e ás que debemos este máis que merecido recoñecemento. 

Esperamos que o seu exemplo sirva para que tódalas persoas con bo estado de saúde se unan co fin de que a ninguén lle falte a sangue e os seus derivados cando as circunstancias obriguen a pasar por tratamentos que así o requiran.

O Concello de Paderne agradece este xesto que, de maneira altruísta contribúen o benestar e saúde dos demais.