Elección da nova xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Norte

Este día 20 de febreiro, o Alcalde de Paderne e Vicepresidente do Galp Golfo Ártabro Norte, César Longo, participou na Asemblea Xeral de Socios do GALP Golfo Ártabro Norte.

Nela aprobouse unha nova Xunta Directiva para un período de 4 anos, así como a incorporación de dúas novas entidades deste ámbito territorial, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra e o Club Náutico Ría de Ares.

En canto ó sector público, na vicepresidencia saliu elixido novamente o Alcalde de Paderne, César Longo Queijo e continúan como vogais o Concelleiro de Urbanismo do Concello de Narón, Manuel Antonio Ramos Rodríguez e o Alcalde do Concello de Mugardos, Juan Domingo de Deus Fonticoba.

En canto ó sector pesqueiro, os representantes elixidos foron José Manuel Fernández Lage, Patrón maior da Confraría de Pescadores de Miño, que ostenta o cargo de presidente; Jorge López Pena, Patrón maior da Confraría de Pescadores de Barallobre, como tesoureiro; Omar Enrique Lucci Muñoa, Patrón maior da Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos, como secretario. Como vogais, Santiago Salgado Amado, Patrón maior da Confraría de Pescadores “Virgen del Carmen” de Pontedeume; Santiago Sendón López, Patrón maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e Manuel Montero Toimil, Patrón maior da Confraría de Pescadores de Ares.

Representando ó sector social, continúan como vogais, Jorge Carro Fernández do Club Cabanas KDM e Teresa Oujo Reino do Club Náutico de Miño, incorporándose un novo representante neste período, Ignacio Palmero Sande do Club Náutico Ría de Ares.

Por último, no sector económico, incorpórase á  Xunta Directiva como vogal, Luis González Rey, Presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra.