DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Manter limpo o Concello e concienciar a tódalas persoas da responsabilidade dun axeitado comportamento medioambiental, son dous dos importantes obxectivos cos que o Alcalde de Paderne traballa na planificación deste Día do Medio Ambiente, implicando ós diversos colectivos de Paderne que este día colaboran recollendo lixo por todo o termo municipal

Desde primeiras horas da mañá colaboran cos seus vehículos sacando de todo o Concello o lixo detectado en vertedoiros incontrolados. Coto de caza, sociedade de pescadores, confradía, gandeiros e veciños ademais da empresa de recollida do lixo, súmanse a esta iniciativa de César Longo que busca estratexias para facer deste territorio un lugar respetuoso coa natureza.

Como a data coincidía coa chegada da primavera, o 21 de marzo, realizouse tamén o Día da Árbore na parroquia de Paderne plantando, os maiores e nenos desta parroquia varias especies de árbores en recordo do día.

A coral Albeiro de Velouzás axudou a que todos recordasen o himno a árbore que fai uns anos cantaban os nenos nas escolas coa chegada da estación.

© 2013 Concello de Paderne