Día da familia

Estase a preparar unha nova edición do Día da Familia; dezaoito anos xa desde que César Longo se propuxera xuntar ás familias do Concello coa idea de establecer uns lazos duradeiros e de pertenza a un territorio unido, que se alegra de reunirse en torno a unha gran mesa e de abrazar a esas persoas queridas coas que se encontra ano tras ano nesta celebración.

A cita é o sábado 26 de agosto; as familias que queiran acudir poden reservar o seu espazo chamando por teléfono ás oficinas municipais ata o día 22 de agosto.

Desde o Concello estase a preparar con mimo todo o necesario para pasar un agradable día xuntos; desde a degustación de caza doada polo Coto de Caza de Paderne, un recital de habaneras a cargo da Coral Instrumental de Sada, os habituais xogos para maiores e para nenos con inchables, toro mecánico e a festa da espuma ou a actuación de Aixa Romay para que a xente baile ata o fin da xornada, son algúns dos atractivos incluídos para disfrutar desta xornada.

As familias poden chegar a partires das 13:00 h atopando o seu espazo reservado para preocuparse so de pasalo ben cos seus invitados ata ben entrada a noite que é o momento no que o Concello entrega as medallas ós nenos e nenas participantes nos xogos ó aire libre e tamén cando se degusta a queimada de Paderne. Haberá tamén, como xa é habitual, unha sesión de fogos artificiais.

© 2013 Concello de Paderne