CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Concello de Paderne celebrou o “Día Internacional da Muller” o pasado 8 de marzo cun acto presidido polo Alcalde no que se quixo poner en valor o papel da muller na sociedade actual.

No acto, que contou con homes e mulleres de Paderne, o Concelleiro de Benestar Social deu lectura do Manifesto do Concello en relación coa data a conmemorar; contouse tamén coa aoportación dunha veciña sobre a súa experiencia vital de superación servindo de exemplo para as demais mulleres.

Unha data importante na que o Alcalde quixo destacar a importancia do acadado ata o momento por moitas mulleres que conseguiron encher de logros un camino, noutros tempos difícil, para o desenvolvemento da muller.

© 2013 Concello de Paderne