DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este vindeiro 17 de maio, o Concello de Paderne celebra de novo o “Día das Letras Galegas” na praza do Campo da Escola, en Insua, Viñas;  un lugar que co paso dos anos foi converténdose nun símbolo da cultura en Paderne acollendo novamente este entrañable acto ó que están invitados tódolos veciños.

Como en anos anteriores, comezará ás 12:00 h. cos sons  da Escola de Gaitas San Pantaleón, de seguido, as palabras de benvida do Alcalde e o recordatorio que a Concelleira de Cultura fará sobre o autor, Antón Fraguas Fraguas darán paso ás voces do Orfeón Alcoa-Inespal e ó Himno Galego.

Sen esquecer que a data ven sinalada pola cultura da nosa Comunidade, para nós significa un día de encontro cos amigos e veciños no que, ademais da alegría de estar de novo todos xuntos, charlaremos tomando uns pinchos e un viño de Paderne.

Un día grande para todos no que debemos participar orgullosos de ir coñecendo un pouco máis ás persoas que foron destacando no panorama literario e cultural e que, en definitiva, axudaron a cimentar as nosas raíces enriquecendo a cultura galega.